Unha semana apasionante a nosa semana da poesía. Todos nos reunimos no salón de actos do centro. Os alumnos de primeiro de bacharelato fixemos unha mostra nos nosos traballos ao resto do alumnado do centro.
Estaban atentos aos nosos traballos e nós sentíamonos importantes porque os nosos traballos conseguían que a xente deparara neles, que se puxeran a velos, a xogar era unha sensanción moi especial porque o teu traballo chamaba a atención da xente.
Durante a semana viñeron a vernos dúas grandes figuras da nosa poesía galega actual, Antía Otero e Kiko Neves. Pasámolo moi ben con eles, un rato moi agradábel e divertido.Kiko e Antía leron as súas poesías para todos nós, algunhas daban ganas de chorar e outras de rir a esgalla. Unha mestura de sentimentos no recital poético do instituto
A semana culminou co botellón poético, onde pasamos o recreo lendo fantásticos poemas. Pasámolo xenial.
Lástima que xa rematase esta semana xenial que só durou sete días pero a todos nos soupo a pouco.
GRAZAS POR TODO!
E grazas tamén a Susana porque sen ela nin a semana da poesía nin este modesto blogue serían posibles.

xuño 6th, 2007 at 12:51 pm
grazas polos teus coments. Son unha pasada. Dá ganas de seguir adiante atoparse con xente tan entusiasmada coma ti.
Non canses de escribir e de soñar
un bico
antía
xuño 11th, 2007 at 8:30 pm
suprimindo a parte final do peloteo, direi que me parece un fermoso e completo resume do que nos fixo sentir esa semana. foi matabillosos todo o que fixestes e foi marabilloso coma me fixestes sentir. grazas por todo. xa estades por sempre no meu corazón!!!! (as broncas son mera pose profesional ;-))
xuño 30th, 2007 at 8:41 pm
Bonito poema,pero sobre todo bonita foto jeje.A verdade e q gardo 1 recordo moi bo dakela semana, gañei o 1º premio
jeje.
Gustam moito ste space. Asi k seguramente che poña + comentarios stes dias.Weno e nn sei k + poñer, gustame moito
de verdade pareceme moi bn a haxa alguen k se preokupe pola poesia de galiza. A ver si ns vem x ahi algunha e
aprendems a tocar 1 instrumento os 2 jeje, a ser posible na boutique del diablo.
Xao tio. Unha aperta
xullo 9th, 2007 at 9:14 pm
pois como que estes blogs non van a máis. Vese que as vacacións son tamén para as musas (jejejejejeje)