Unha semana apasionante a nosa semana da poesía. Todos nos reunimos no salón de actos do centro. Os alumnos de primeiro de bacharelato fixemos unha mostra nos nosos traballos ao resto do alumnado do centro.
Estaban atentos aos nosos traballos e nós sentíamonos importantes porque os nosos traballos conseguían que a xente deparara neles, que se puxeran a velos, a xogar era unha sensanción moi especial porque o teu traballo chamaba a atención da xente.
Durante a semana viñeron a vernos dúas grandes figuras da nosa poesía galega actual, Antía Otero e Kiko Neves. Pasámolo moi ben con eles, un rato moi agradábel e divertido.Kiko e Antía leron as súas poesías para todos nós, algunhas daban ganas de chorar e outras de rir a esgalla. Unha mestura de sentimentos no recital poético do instituto
A semana culminou co botellón poético, onde pasamos o recreo lendo fantásticos poemas. Pasámolo xenial.
Lástima que xa rematase esta semana xenial que só durou sete días pero a todos nos soupo a pouco.
GRAZAS POR TODO!
E grazas tamén a Susana porque sen ela nin a semana da poesía nin este modesto blogue serían posibles.
