Recunchiño

21 marzo 2007

Filed under: Sen clasificar — iago666 @ 1:15 pm

Os poetas pasamos as nosas horas escribindo
facendo pareados, sonetos, odas,
expresando os nosos sentimentos
tratamos de falar contigo, pero non nos escoitas,
ti estas con máis interesantes divertimentos.

No sofá deitado
coa man dereita na bragueta
e a esquerda sostendo o emparedado
mentras esperas a que Maruxa treia outra cervexa
e que che poña un coxín na cabeza.

Dis que tes problemas, que estás canso
Problemas? Se fas menos ca un ganso.

A única que está cansa e a túa pobre muller
que máis que un home ten un chimpancé
un tipo que xamais tocou un libro
alguén que o único que fai e comer paté.

Xamais coñecerás o doce sabor dun poema, dun bó libro
Só o do partido do Barça co Madrid
pero como dixo o meirande dos sabios:
O mel non se fixo para a boca do asno.

14 marzo 2007

:(αγονία=(

Filed under: Sen clasificar — iago666 @ 1:09 pm

Aquí, no alto da montaña

sentome ao lado da carballeira queimada,

a grande lúa outra vez está menguando,

a escuridade vai por momentos medrando.

A noite xa é pechada

ao lobo escoítase no eco da escuridade

cun fósforo prendo a fogata,

pero non acendese, apágase.

Quizais morrerei aquí

devorado por estes animais

Cando me atopen sen rostro

só me quedara o consolo de saber

que xa non te volverei ver nina mar máis.

burntforestbig.jpg

6 marzo 2007

Filed under: Sen clasificar — iago666 @ 2:10 pm

Nova sensación, como se pode explicar?

A verdade non o sei

Pero é duro lamentar.

Esta sensación é de algo malo que vai pasar

A sombra perségueme en calquera lugar.

O corazón altérase

as bágoas teñen ganas de saír

e os pés queren fuxir

pero quedánse coa túa sombra, aí.

Teño ganas de vivir, de estar xunto a ti

pero tamén de morrer para non ter que sufrir

Por que esta sensación?

Por que agora?

Por que volve de novo se xa estaba fóra?

Condena, castigo, desgraza  de sufrir eternamente

O teu amor é máis cruel que o castigo de Prometeo

ata que Hades me leve, amor, por ti estarei sempre doente.

 

Theme Designed by DL2 Media