Recunchiño

14 febreiro 2007

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 1:06 pm

Nin unha flor
susurraba;
non se escoitaba
nin un vagalume;
todo o mundo,
todos en soños,
menos ti máis eu
póñome nervioso
ao unir eses pronomes! –
menos ti máis eu…De sócato

Todo se esvanece, todo muda
Ti desapareces, ti xa liscaches!
E eu estou cun sorriso na miña cama

Porque ainda que só un soño era

ti comigo unha noite estivecehes!

 

6 febreiro 2007

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 2:09 pm

Collichelo coas tuas propias mans

Metichelas ata o fondo, Con moita forza,Tiraches ata escoitar o ruido da rotura,

Ese que di que xa comezou a tortura,

Consiguéchelo, ao fin parou. 

Agora sostelo na túa man violentamente,

Aprétalo con moita forza,

coma laranxa de zume

Con esa túa cara de vicio,planeas facer a pócima,

Bebela dun grolo co teu novo compañeiro

Así sairei da tua vida, afogado nun caldeiro.

                               

Estilo visual deseñado por DL2 Media