Recunchiño

26 xaneiro 2008

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 8:55 pm

Os problemas son algo do que non podes fuxir por moito que te empeñes.

Sempre nos están a abafar, na casa, no traballo, no cine… en todo momento.

De sócato, pasa pola nosa mente a gran idea de fuxir, de libranos deles.

Chamamos para reservar un hotel, collemos as maletas e subimos ao coche. Que idea tan boa!

Pasamos unha semana xenial, coñecendo novos lugares, con amigos novos, sempre rindo.

Ao cabo dunha semana, volvemos a meter a maleta no coche, imos sorrintes cara a casa. Incrible todo rematou.

Chegamos desfacemos a maleta e, en cando saímos pola porta, xa volven. Veñen cara ti sorintes con cara de ser

bós para de ti, de estar facendo algo util por ti e de sócato apertante forte.

De novo volven as preocupacións. Tal e como nos temos que poñer ao días cos deberes despois dunha viaxe de estudos, volven con ganas de acabar contigo de que te poñas ao día con eles.

Entón e cando te preguntas a ti mesmo, mereceu a pena marchar?

17 outubro 2007

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 8:25 pm

Sinto o duro e frío aceiro

sinto como atravesa o meu costado

esa sensación confusa

iso de non saber se é dor.

Perfume de flor de coitelo,

sensación inmemoriable

anhelo forte de liberdade.

Divina sensación que

de maneira firma e taxante

consigue que o inferno remate.

P.D: Aínda que con moito esforzo o único que se me ocorre é ODIOTE

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 8:22 pm

Colles o teléfono con ganas e ilusión

marcas aquel número máxico

tratas de dicirlle algo con paixón

pero final unicamente

so escoitas esa mensaxe

no frío buzón de voz.

Preócupaste,quizais demasiado

volves marcar incansante

e aí xa é cando te das conta

que xamais voltará ao teu lado.

de que

20 setembro 2007

…Rematou…

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 11:34 am

Coa cabeza na miña mol e branda alfofada

penso, miro atrás, volto ao pasado,

as bágoas, soas, esvaran pola faciana

só por pensar no que foi, no que puido ser.

Ensináchesme o que é a vida, o que é o amor

amosáchesme o sol, a lúa, a estreas e demais astros

pero de sócato vin o que é  chorar, a dor e mesmo morrer.

Agora na miña mol e branda almofada xa só quedo eu

eu coas miñas quentes, húmidas e esnaquizadoras bágoas

e xuntos lembramos o que foi e tamén o que non puido ser.

6 xuño 2007

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 12:08 pm

Unha semana apasionante a nosa semana da poesía. Todos nos reunimos no salón de actos do centro. Os alumnos de primeiro de bacharelato fixemos unha mostra nos nosos traballos ao resto do alumnado do centro.

Estaban atentos aos nosos traballos e nós sentíamonos importantes porque os nosos traballos conseguían que a xente deparara neles, que se puxeran a velos, a xogar era unha sensanción moi especial porque o teu traballo chamaba a atención da xente.

Durante a semana viñeron a vernos dúas grandes figuras da nosa poesía galega actual, Antía Otero e Kiko Neves. Pasámolo moi ben con eles, un rato moi agradábel e divertido.Kiko e Antía leron as súas poesías para todos nós, algunhas daban ganas de chorar e outras de rir a esgalla. Unha mestura de sentimentos no recital poético do instituto

A semana culminou co botellón poético, onde pasamos o recreo lendo fantásticos poemas. Pasámolo xenial.

 Lástima que xa rematase esta semana xenial que só durou sete días pero a todos nos soupo a pouco.

GRAZAS POR TODO!

E grazas tamén a Susana porque sen ela nin a semana da poesía nin este modesto blogue serían posibles.

16 maio 2007

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 12:14 pm

Trato de non pensar en ti

de quitar a túa imaxe da miña mente

de convercerme a min mesmo

de  que non me fas falla,

que non preciso de ti,

que podo ser feliz sen ti,

quen sin ti a miña vida segue a ter sentido.

 Pero non deixo un intre

de recordarte e de desexar

que veñas a min, que volvas ao meu lado

Dame rabia non poder controlar

o sentimento de ficar de ti namorado.

Trato de esquecerce

pero non consigo facelo

agás cando distraído

me poño a mentir…

Adícollo á miña amiga Natalia, “o meu amor platónico” jajaja

1 maio 2007

Parchís

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 1:30 am

O cubilete pide a berros que o axuden

está apegado co teu duro pegamento.

As cores andan desorientadas

porque polo teu amor están atormentadas.

O dado perdeu os seus lunares

e por ti anda chorando a mares.

E agora a miña pequena e diminuta ficha

agarda no frío, inerte e escuro taboleiro

soa, e con milleiros de bágoas nos ollos

a que veñas coa túa  cálida e ardente man

para contigo viaxar ao lexano país dos soños.

parchis-sonweb2.jpg

Este poema é para ti Olalliña

18 abril 2007

Por que?

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 12:14 pm

Non quero sentir isto no me interior

non quero verte en cada rincón

pechar os ollos e atoparte no meu corazón.

Por que?

Porque ti?

Porque isto? 

 Só vives para darme coita

vives para que nunca remate esta loita

acéndesme o espíritu con palabras de ánimo

Para que?

 Por que non me dixaches acabar?

Onte a piques de lograr a eterna fecilicidade

e chamas, e dime que me queres

acádoa, pero só por breves momentos

e agora volven os lamentos.

O fácil que sería que me deixaras rematar

pero ti mailos teus olliños pequenos

impedidesme suicidar… 

Por que?

Por que me queres dis?

A esa persoa tan especial, ti ben sabes quen es.

 

11 abril 2007

You

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 11:57 am

I could feel my heart breaking

as soon as I say goodbye to you

I still can feel the tears on my face

falling and burning like fire.

And I know

I can’t believe

I still in love baby.

But I hate

everything you are

everything you do

everything of you

So why am I still in love?

God know

But I don’t

Maybe I’m going crazy…

That’s why I’ll travel far away

to run away

and find for me a better way.

21 marzo 2007

Arquivado en: Sen clasificar — iago666 @ 1:15 pm

Os poetas pasamos as nosas horas escribindo
facendo pareados, sonetos, odas,
expresando os nosos sentimentos
tratamos de falar contigo, pero non nos escoitas,
ti estas con máis interesantes divertimentos.

No sofá deitado
coa man dereita na bragueta
e a esquerda sostendo o emparedado
mentras esperas a que Maruxa treia outra cervexa
e que che poña un coxín na cabeza.

Dis que tes problemas, que estás canso
Problemas? Se fas menos ca un ganso.

A única que está cansa e a túa pobre muller
que máis que un home ten un chimpancé
un tipo que xamais tocou un libro
alguén que o único que fai e comer paté.

Xamais coñecerás o doce sabor dun poema, dun bó libro
Só o do partido do Barça co Madrid
pero como dixo o meirande dos sabios:
O mel non se fixo para a boca do asno.

Estilo visual deseñado por DL2 Media